PRODUCION MUSICAL CON SOFTWARE LIBRE

Este relatorio en forma de obradoiro, centrarase na utilización de software libre para a producción musical, dende as etapas de composición e interpretación ate as de producción e masterización. Comezaremos plantexando a pregunta de si se pode traballar a nivel profesional, no eido musical, con software libre. Falaremos do hardware necesario e abordaremos o problema da latencia. Introduciremos jack e faremos unha escolma de software necesario (partituras e tablaturas, efectos e secuenciadores, midi, producción, masterización, ….). Logo faremos un percorrido polas distros de Linux especializadas. Finalmente, faremos demostracións prácticas de creación de liñas de batería, utilización dunha pedalera multiefectos para guitarra e/ou baixo eléctricos e remataremos traballando na produción e masterización do noso propio disco.

NIVEL DO RELATORIO:

O relatorio comezará cun nivel de iniciación para que todo o que non estea familiarizado poida adaptarse aos contidos e, segundo a resposta dos asistentes e o avance do relatorio, tentaremos acadar un nivel avanzado para que os interesados en continuar nesa liña poidan traballar a niveis máis profesionais.

RELATORES:

- Alejandro Rodríguez Antolín: Estudante de 3º curso de musicoloxía na Universidade Autónoma de Madrid, guitarrista e entusiasta de todo o relacionado coa música, a tecnoloxía e o métal.

- Miguel Ángel Rodríguez Muiños: Técnico Informático na administración autonómica, cabaleiro andante do software libre e músico amateur. 

 

Descarga a presentación do obradoiro en PDF

Difunde o Kernel 2015: 

Información
Prazas libres: 
39
Data: 
O sábado 19 de 15:30 ás 18:30
Nivel do obradoiro: 
Principiante
Prezo da inscripción: 
0,00 €

20% de desconto para @s soci@s da Comunidade