Preguntas frecuentes

Que inclúe o prezo da entrada?

  • Acceso ao recinto do evento para participar no #kernel2015
  • Unha camisola do #kernel2015
  • Laconada do sábado 19 de Setembro
  • Almorzo, té, café, leite, bola durante todo o evento. Tamén temos un microondas por se precisas quentar comida.

Podo quedar a durmir no recinto do #kernel2015 ?

Por suposto. O #kernel2015 dispón dunha zona habilitada. O Concello de Mugardos proporciona colchonetas para facer máis levadeiro o descanso. As duchas están localizadas no Pavillón Municipal do Cristo, a 1Km do recinto. Estamos traballar para habiltar un espazo alternativo máis accesible.

Que tipo de rede montades para o #kernel2015?

A rede do #kernel2015 é unha rede xigabit distribuida físicamente nas dúas plantas da Casa da Cultura. A rede LAN proporciona servizos: DHCP, DNS, acceso a Internet a través dun firewall correndo Linux e un servizo para compartir arquivos en rede baseado no protocolo Direct Connect.

Hai conexión Wifi?

Si, contamos cun punto de acceso sen fíos en cada planta.

Son gamer, hai moitas restriccións de acceso a Internet?

Si, habelas hailas, pero somos moi flexibles. En moitos casos proporcionamos un router con acceso libre a Internet para xogar sen restriccións, mola eh?

Que é iso do PorkoByte?

Pois é unha laconada que se celebrará o sábado 19 de setembro ás 21:30 na Casa da Cultura. O prezo está incluido na entrada.

Son pai/nai e o meu fillo/filla é menor, pode acudir ao #kernel2015?

Si, sempre que entregue asinada unha autorización que podes descargar dende aquí [ Autorización Kernel 2015  ] . O recinto está vixiado as 24 horas por persoas das organización.