OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL

"Iso tamén o fago eu cunha boa camara".... A frase que máis escoitamos os que nos gañamola vida con isto da fotografía, sen embargo non se trata só de ter unha boa camara. ISO, apertura, velocidade de obturación, composición.... Conceptos que se sen eles nunca  iremos máis alo de modo automatico da nosa cámara dixital.

O obradoiro nace coa intención de familiarizar ós asistente cos conceptos básicos da fotografía dixital, deixando a un lado o modo automático e adentrandonos nos misterios do modo manual das cámaras. Ao finalizar o obradorio posiblemente non seredes fotógrafos expertos, pero estaredes no camiño de controlar a vosa cámara para mostrarlle á xente como vedes o mundo a través do visor da vosa cámara.

Relator:

Marcos Vázquez Fernández. Informático que un día decidiu captar a maxia dos instantes cunha cámara dixital e emprender a aventura de ser fotógrafo profesional

 

Difunde o Kernel 2015: 

Información
Prazas libres: 
35
Data: 
O sábado 19 ás 15:30
Nivel do obradoiro: 
Principiante
Qué necesito levar: 
  • Cámara dixital
Prezo da inscripción: 
0,00 €

20% de desconto para @s soci@s da Comunidade