ARDUINO: INTRODUCION AO HARDWARE LIBRE

Arduino é unha palabra de orixe xermánico cuxa tradución pode aproximarse a “O que axuda aos amigos”.

No ano 2005, no Instituto italiano de Deseño Interativo, profesores e estudiantes inician a revolución das tarxetas azuis, un hito importante na revolución do Hardware libre; os protagonistas son Massimo Banzi, David Cuartielles, Tom Igoe, Gianluca Martino, David Mellis e Nicolas Zambetti.

Crean unha tarxeta electrónica barata, facil de programar e accesible a todo o mundo: libre.

Permite desenvolver multitude de proxectos como impresoras 3D, control de luces, robots, domótica,....

Programa:

- Os Orixes do hardware libre?

- Que é Arduino e a súa filosofía.

- Arduino e a súa plataforma?

- Comezo do cacharreo con Arduino: Exemplos sinxelos a desenvolver.

- Os límites: A imaxinación.

Relator: Rafa Couto

Obradoiro patrocinado por Bricolabs

 

Difunde o Kernel 2015: 

Información
Prazas libres: 
37
Data: 
Sábado 19 ás 10:30
Nivel do obradoiro: 
Principiante
Coñecementos prévios: 
Ningún
Qué necesito levar: 
  • Placa Arduino se tes unha. Non é necesario.
  • Un portátil.
Prezo da inscripción: 
0,00 €

20% de desconto para @s soci@s da Comunidade