Titularidade do sitio web

 

Este sitio web pertence á ASOCIACION COMUNIDADE O ZULO( en adiante “a asociación”), unha asociación sen arela de lucro fundada en Mugardos no ano 2003, e inscrita no rexistro galego de asociacións en maio de 2010, con C.I.F G-70252051, e domicilio en Rúa do Peteiro 34 2I , 15260 Mugardos.

 

Os contidos e imaxes deste sitio web pertencen aos seus respectivos autores e a excepción dos que teñan unha licenza específica, están liberados baixo licenza Creative Commons By-SA.

 

A asociación no pode garantir a existencia de erros neste sitio web, nin nos seus contidos nin na actualización complenta. Aínda así, invertimos moito tempo e esforzo para evitalos e resolvelos no menor tempo posible.

 

Privacidade

Coa súa navegación, vostede presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza o este sitio web, que en ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal. Son de dous tipos:

Cookies propias: son enviadas aos seu equipo e xestionadas exclusivamente pola asociación, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do sitio web por parte do usuario.

Cookies analíticas de terceiro: o Portal usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatística da navegación dos usuarios na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece o sitio web. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.

Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics.

Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, prema aquí.

Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.

 

Protección de datos

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste Portal estará suxeito ao establecido pola Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa de aplicación. Os datos achegados polo interesado utilizaranse, con carácter único e exclusivo, para os fins previstos no procedemento ou actuación que se trate. En ningún caso os referidos datos serán obxecto de tratamento ou de cesión a terceiros, se non é co consentimento inequívoco do afectado, ou nos supostos previstos nos artigos 6.2 e 11.2 da Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

En cumprimento do disposto na citada Lei Orgánica 15/1999, o cedente dos datos poderá, en calquera momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición empregando o formulario de contacto deste sitio web ou por correo postal no enderezo indicado no apartado “Titularidade do sitio web”