O Kernel é un evento lúdico-tecnolóxico que se celebra na Casa da Cultura de Mugardos dende o ano 2004. Organizado conxuntamente pola Asociación Comunidade O Zulo e o Concello de Mugardos, asisten dende rapaces de 15 anos ata universitarios/as, electricistas, informáticos...todos/as temos sitio no Kernel!

Na edición de 2015 actualizamos o programa engadindo obradoiros de “produción musical con software libre”, “fotografía con móbiles”, “introdución á robótica con Arduino” e “customización de móbiles Android”.

Se gostas de todo o relacionado coa tecnoloxía, os xogos, a rede internet, acude ao Kernel 2015: o evento tecnolóxico máis geek de Ferrolterra!. Lembra que so necesitas rexistrarte e pagar a inscrición se queres ter unha praza.

O sábado 19 de setembro xuntarémonos todos no "Pub Tropezón" en Mugardos para celebrar o "V Rock no Trope", unha festa aberta para tódolos amigos e amigas da Comunidade.

O domingo 20 de setembro celebraremos no peirao de Mugardos o evento “Mapeando Mugardos”; ensinaremos a tódolos asistentes como contribuir e completar un mapa libre e gratuito. Por unhas horas, deixaremos a Casa da Cultura e sairemos todos e todas a “mapear Mugardos”.

Sentimos paixón polo Software e a Cultura Libre , así que se queres aprender ou ensinar swlibre, no Kernel 2015 terás oportunidade de coñecer a moita xente con intereses comúns.

Queremos agradecer ao Concello de Mugardos a sua implicación, compromiso e colaboración na organzación conxunta de este evento. Chegar ata a XII edición sen a axuda do Concello, sería imposible. O Kernel 2015 é un evento sen arela de lucro. Os membros da organización non reciben ningunha achega económica polo seu traballo.

Difunde o Kernel 2015: 

Información
Prazas libres: 
0
Cando é: 
18,19 e 20 de setembro
Onde: 
Casa da Cultura
Qué necesito levar: 
  • Un portatil ou PC de sobremesa
  • Unha regleta
  • Auriculares
Prezo da inscripción: 
12,00 €

20% de desconto para @s soci@s da Comunidade